Sunday 08 de September de 2024

Incendio nun domicilio do lugar do Castro, na parroquia de San Miguel de Cerceda, no concello do Pino


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ás 23:33 horas de onte, domingo 26 de maio, dun incendio que afectou a un fogar no lugar do Castro, na parroquia de San Miguel de Cerceda, no Concello do Pino.

O lume ocasionouse no baixo do domicilio, tendo como foco inicial uns enseres alí gardados. A incidencia só ocasionou danos materiais e o operativo consistiu na extinción do lume e no arrefriamento da estancia.

No operativo tamén participou a Garda Civil.